viernes, 16 de agosto de 2013

                                                                   U.D. CORCUBIÓN
          
          O telón levántase.
          O gran espectáculo ¡ o fútbol ! vai dar comezo. A liga 2.013-14, a competición máis forte do mundo está servida. A máis bonita ( Liga da Costa da Morte) tamén.
          Este fin de semana as paixóns comenzarán a desatarse.
          ¿Teremos ao fin, a suficiente cordura para ver o fútbol como o que é: Un espectáculo por riba de todo, onde se practica un determinado deporte?.
          Afirmouse moitas veces que "non sabe a onde vai quen ignora onde se atopa e onde ven".
           O noso tempo de lecer xa ten data, lugar e hora:  Partidos, noticieiros deportivos, tertulias. Todo esto traeranos, a maioría, algunha ledicia, moitas máis tristuras, e o que é peor, máis dunha discusión subida de ton cos nosos amigos.
          O lecer son moitas horas nunha vida. Son as que quedan entre as que dedicamos a cumplir coas nosas obrigacións e deberes, e o momento no que, rematada a xornada, debemos empregar coa nosa familia, os nosos amigos e para o noso propio goce.
          Estas horas poden e deben ofrecernos evasión, disfrute, distracción. Intentemos entre todos que o fútbol, ese grandioso e bello deporte, sexa o camiño para conseguilo. Deámoslle o noso alento, os nosos gritos de ánimo ao equipo dos nosos amores: soñemos con que as nosas cores sexan campeonas, ¡ fagámolo con paixón !, pero non por eso, exentos da debida cordura.
          A intransixencia pode ter unha raiz sa, pero soe levarnos á destrucción.
          Somos seres libres e podemos avanzar en todas as direccións, por eso debemos respetarnos os uns aos outros. O mellor capital humano é "a intelixencia", usémola ainda que só sexa para respetarnos a nós mesmos.
          A miña noraboa para todos vós, directivos, afeccionados, xogadores, pola vosa entrega a unhas cores, a uns ideais. Ao final das distintas ligas tan só un quedará campeón, pero aos que non o consigan quero decirlles que o importante foi o voso alento, o voso apoio, a vosa entrega.
         Con unha forte aperta a todos, non esquecer que tan só son... cousas de Manolín
          

No hay comentarios:

Publicar un comentario