miércoles, 21 de agosto de 2013

JJ.OO: Ética e honra


"EUPOLOS"
merca os seus adversarios 
--------- .. ---------

A política e o deporte.

               A consideración de fenómeno social que adquiriu nos nosos días o feito do deporte conferiu á historia do seu desenvolvemento o interese apaixoante dunha novela de fección. Por outra banda, o uso e abuso do deporte, na pugna polo prestixio e o predominio dos réximes políticos que loitan polo poder do mundo, desde antigo.

               O pasaxe poético "Oda al Deporte" do Barón Pierre de Couberttin para crer na loita "pacifica e ética" que os Xogos Olímpicos esixen, debera ser norma habitual de conducta nas nosas vidas:

                         "Deporte tu eres la paz, tu estableces las relaciones honorables 
                          entre los pueblos, acercándolos al culto de las  fuerzas 
                          controladasdueñas de si mismas. Por ti la juventud universal                  
                          aprenderá a respetarse y de este modo la diversidad de las 
                          cualidades nacionales, hallarán la fuente de una generosa y   
                          pacifica emulación".

               É por esta razón que hoxe vou contarvos unha historia dos XX.OO.





               "Unha ringleira de estatuas de bronce que representaban a Zeus e que se chamaban Zanes, puido verse ó pé do monte Kronios a partir dos XCVIII  Xogos Olímpicos (a.C.).  O historiador Pausanias explicounos na obra "ELIDA" que foron erixidas co producto das multas impostas ós atletas que violaran o reglamento dos Xogos. As seis, levantadas no CCCLXXXVIII (a.C.) foron como consecuencia dunha trampa realizada por Eupolos de Tesalia que comprou ós seus adversarios no puxilato. Non sólo Eupolos, senón tamén os que comprara (Agetor de Arcadia, Pritoneo de Cícico e Formión de Halicarnaso, vencedor dos XX.OO. precedentes), tiveron que págala multa ós helanodices. Pausanias tamén conta que nos CXXII Xogos O., o ateniense Calipo, inscrito para o pentathlon, comprou ós seus adversarios. Condenárono, pero, a través do atleta, era Atenas a censurada e por outro lado non quixo pagar polo insolvente Calipo. Os eleanos, inexorables, excluiron ós atenienses dos XX.OO. Pero a repercusión dos Xogos era tan grande, que Atenas, logo de reflexionar, decidiu pagala multa, e co producto dela levantáronse outras seis estatuas a Zeus".

               Como vedes, por desgracia para o deporte, daquela xa había corruptos que sumar ós do noso tempo, para os que: 
                                          
                                               "O fin xustifica os medios"

               Estas non ...
... son cousas de Manolín.


       



            
                   








No hay comentarios:

Publicar un comentario